Saturday 11 de May de 2024

A Xunta deixa o porto de Lorbé sen rede de saneamento


A Xunta realizará as obras do acceso viario do porto de Lorbé sen deixar soterrada a tubería para a rede de saneamento. Para eliminar os actuais vertidos que se producen no porto urxe que a Xunta constrúa un bombeo e o conecte coa depuradora que ten o Concello uns metros máis arriba.

A Xunta vai realizar a conexión entre a vía Ártabra e o porto de Lorbé sen sequera deixar prevista unha mínima infraestrutura de saneamento baixo o asfalto. Así se deriva da documentación da obra, que acaba de ser adxudicada pola Xunta.

“Isto é gravísimo. Van facer unha obra que despois haberá que levantar. Se non se cambia, o Concello terá que denunciar esta situación ante Medio Ambiente. Porque había unha previsión de facer un bombeo e teñen que deixar os tubos colocados por debaixo da estrada que se vai crear”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.